18.9.09

O corvo e a lua urxente

Olla o seu perfil
no muro do camposanto
no calexon da nenez
mesmo no teu tellado

Sombra da mañá
non é culpa tua
as teimas e o amor
medran baixo a lua

Deixame ir canda ti
levame, dame utopía
deixa que morra a razón
antes de nacer o día

Luces de neon
teño a noite dentro
se me ves voar
non me teñas medo

toda esta urxencia colle nun verso
toda esta rabia ten que estoupar

17.9.09

Cando chova



Ficarás,
esperta coma unha loba,
cando sintas
a choiva chegar.

Ficarás

espida nese silencio
que tanto molla.
Ficarás

pra ollar a choiva esvarar no cristal,
regos de ceo,
bagoas,
camiños.


Ficarás
pra ollar as presas da xente o pasar
e ollar, sen presas,

o teu propio ollar.

Ficarás,

tecendo panos de nube,
cas mans valeiras
mentras foxe abril.

Ficarás.

Sei que ficarás
se a choiva cala,
se cala o frio,

ficarás, conmigo.